REDES SOCIALES

Suscribete o diario de noticias¡¡¡

ENTRARON TOMAR CAFE

PRAIA DE LAGO ( Merexo-Muxía)

Praia de LAGO ( Merexo-Muxía)

A Praia de Lago, ven o seu nome polas diferentes presentacións que fai o río na area e que cambian cada ano.

Según o inverno o mar vai labrando a area, o chegar a primavera o río busca a súa salida ao mar e segundo o percorrido que o mar lle ten labrado na area. De forma que os anos de maior temporal o mar baixa o nivel de area e ó río fai O LAGO, polo que se coñece.











MANUEL RIVAS:CON RAZÓN, CO CORAZÓN: POR MEREXO!

CON RAZÓN, CO CORAZÓN: POR MEREXO!
Queridos veciños e veciñas de Merexo:



Queridos veciños e veciñas de Merexo:
O primeiro que cómpre dicir é que tedes razón.

Tedes toda a razón.

Tedes razón porque a primeira obriga dos gobernantes democráticos, estean onde estean, sexan do partido do partido que sexan, a súa primeira obriga, repito, é escoltar o pobo. Guste ou non o que teñen que oír, a súa obriga é escoitar a xente.
Non poden ter unha orella moi grande para atender os intereses dos poderosos e converterse en xordos cando é a xente do común a que fala.
Se eles están aí é precisamente para representar e defender os intereses comunitarios e non os do negocio.

Cando se hai conflicto entre os uns intereses e outros, os verdadeiros políticos demócratas non poden dubidar. Teñen que estar coa xente, co seu pobo.
Tedes razón porque o que se pretende facer, polos seus medios e polos seus fins, merece ser denominado sen eufemismos: trátase dun espolio, dun abuso.
Tedes razón porque non se pode invocar a lei para perpetrar a inxustiza.
Tedes razón porque nunha sociedade civilizada lei e xustiza teñen que ir da man.
Pero ademáis de ter razón, tedes algo moi importante.
Tedes algo impagable.
Tedes algo que conmove a todos os galegos de ben.
Tedes sentimento.
Tedes conciencia.
Tedes un corazón que fai falar a terra e o mar de Merexo.
Veciñas e veciños de Merexo:
Tedes razón,
Tedes corazón,
E ademáis tedes valor.
Con xente así, a historia non pode ser inxusta. A historia tenvos que facer xustiza.

Manuel Rivas
14, decembro, 2007

POSTA DE SOL EN PRAIA LAGO (Merexo- Muxía)


Autor: TEDACUEN en You Tube

Kepa Junkera e Pazos de Merexo na Fundación Eduardo Pondal (2010)

Pazos de Merexo en Luar TVG

Pazos de Merexo e Olga Kirk na III Foliada de Cerqueda 2009

Manuel Pazos Redonda (Pazos de Merexo) e Olga Kirk interpretan o Pasodobre de Merexo,unha das cancións de acordeón diatónico que o acordeonista de Merexo conserva na memoria desque cunha ducia de anos comezou a tocar o vello diatónico que lle regalou un primos seu vido de Bos Aires. Á parte da súa bonhomía deste músico, velaí o verdadeiro mérito de Pazos de Merexo conservar vivas as vellas melodías para diatónico da xuventude de Merexo. Longa vida a este músico tradicional de acordeón diatónico.

CASA CARMELA

Restaurante Casa Carmela
Lugar Merexo, 46, 15126 Muxía
981 75 04 00

Pequeno é típica Casa de Comidas, da Costa da Morte, onde poderás a topar todo o que teñas en mentes.

Dende pescados a mariscos da Ensenada de Merexo, das Lonxas de Muxía ou Camariñas. Mellor se reservas, atoparás un sitio e producto agardando polo teu paladar.

Non o dubides. ¡¡¡ Ven ¡¡¡

http://www.restaurantecasacarmela.com/

CHEGAMOS A MEREXO A TRAVES DE GOOGLE MAPS


Ver mapa más grande

De esta forma podemos viaxar dende o noso ordenador por todo o Concello. Iremos poñendo aquí os sitios máis espectaculares. Teremos un miradoiro propio para tódolos veciños.