REDES SOCIALES

Suscribete o diario de noticias¡¡¡

ENTRARON TOMAR CAFE

MANUEL RIVAS:CON RAZÓN, CO CORAZÓN: POR MEREXO!

CON RAZÓN, CO CORAZÓN: POR MEREXO!
Queridos veciños e veciñas de Merexo:



Queridos veciños e veciñas de Merexo:
O primeiro que cómpre dicir é que tedes razón.

Tedes toda a razón.

Tedes razón porque a primeira obriga dos gobernantes democráticos, estean onde estean, sexan do partido do partido que sexan, a súa primeira obriga, repito, é escoltar o pobo. Guste ou non o que teñen que oír, a súa obriga é escoitar a xente.
Non poden ter unha orella moi grande para atender os intereses dos poderosos e converterse en xordos cando é a xente do común a que fala.
Se eles están aí é precisamente para representar e defender os intereses comunitarios e non os do negocio.

Cando se hai conflicto entre os uns intereses e outros, os verdadeiros políticos demócratas non poden dubidar. Teñen que estar coa xente, co seu pobo.
Tedes razón porque o que se pretende facer, polos seus medios e polos seus fins, merece ser denominado sen eufemismos: trátase dun espolio, dun abuso.
Tedes razón porque non se pode invocar a lei para perpetrar a inxustiza.
Tedes razón porque nunha sociedade civilizada lei e xustiza teñen que ir da man.
Pero ademáis de ter razón, tedes algo moi importante.
Tedes algo impagable.
Tedes algo que conmove a todos os galegos de ben.
Tedes sentimento.
Tedes conciencia.
Tedes un corazón que fai falar a terra e o mar de Merexo.
Veciñas e veciños de Merexo:
Tedes razón,
Tedes corazón,
E ademáis tedes valor.
Con xente así, a historia non pode ser inxusta. A historia tenvos que facer xustiza.

Manuel Rivas
14, decembro, 2007

Ningún comentario:

Publicar un comentario