REDES SOCIALES

Suscribete o diario de noticias¡¡¡

ENTRARON TOMAR CAFE

MEREXO PAISAJE NATURAL: CONSTRUCCIONS RURAL

En esta unidad cabe destacar el contraste del mosaico de colores y tenturas de los campos de cultivo de la llanura costera, que alberga a los núcleos tradicionales y al Núcleo de Identidad Litoral de Merexo. 

Resguardando la unidad se encuentran el Monte de Merexo y Pena da Serra, que dotan al conjunto de
un fondo escénico que actúa a modo de pantalla vegetal. Uno de los mayores valores de esta unidad es la extraordinaria legibilidad que ofrece el modelo de organización del territorio. 




Aquí se encuentran las trazas de las diferentes etapas históricas, desde el asentamiento de la población en agrupaciones tradicionales, el trabajo de la tierra mediante la explotación agrícola y forestal, las posteriores operaciones de concentración agraria conforme cambiaban los sistemas de producción agrícola a la introducción de infraestructuras industriales de nueva generación.





 Los contrastes entre las diferentes tramas territoriales (agrícola- forestal, planicie-ladera, construido-agro…) también le confieren un especial valor, que se complementa con la privilegiada posición que tiene dentro del entorno de la ría de Camariñas, generando conexiones visuales con la Enseada de Merexo hacia el sur y la Enseada da Basa y la ría do Porto hacia el norte. 

Un execelente mirador natural podría ubicarse en el entorno de la piscifactoría.

MEREXO PAISAJE NATURAL: PESCA DEPORTIVA

La actividad humana en esta unidad ha sido siempre muy intensa, ya que consta de una zona amplia muy llana próxima al mar en la que las labores agrarias son fáciles de desarrollar, y las laderas del Monte de Merexo han estado tradicionalmente dedicadas a actividades forestales. 

El asentamiento poblacional ha mantenido la estructura, morfología y tipologías relativamente inalteradas, ya que no se han introducido nuevos usos ni actividades que supusieran modificaciones en el modelo de ocupación del suelo ni la construcción de tipologías edificatorias diferentes. 

Los cambios más transcendentales en este ámbito son los que introdujo el proceso de concentración parcelaria, que a mediados del siglo pasado sustituyó la estructura territorial tradicional, a base de muros y
caminos que se adaptaban al terreno, por una trama ortogonal, de parcelas grandes y sensiblemente cuadradas. En la etapa más reciente, la aparición de nuevas infraestructuras industriales (acuícolas) y los sucesivos proyectos de ampliación han introducido nuevas tensiones en el territorio, tanto en lo que
respecta a su evolución física como social.

PATRIMONIO HISTORICO DE MEREXO

FUENTE:  POL GALICIA. Plan de ordenacion do litoral de Galicia

En Punta Sartaña está catalogado el yacimiento arqueológico de Os Castros de Merexo.

 Recientemente la Plataforma Vecinal ha reportado el hallazgo de los restos de una fortaleza militar de 1801, identificada en los mapas de la época como Castillo de Merejo dentro del conjunto de fortificaciones que proyectó en 1751 el ingeniero Llovet para



garantizar la defensa de la ría.

También defienden que Merexo sería el enclave de Claudio Nerium, villa reconocida con ese nombre por el emperador Claudio, que le habría dado la ciudadanía romana a sus habitantes. 

El Camino de Santiago, en el tramo Fisterra-Muxía atraviesa la unidad por su extremo meridional en su tramo que, desde Hospital, se desvía hacia Muxía.

O MESTRE DO ACORDEON DIATONICO ( Por Xurxo Souto)

PAZOS DE MEREXO

Autor: Xurxo Souto Fonte:  Blog personal LA OPINION DE A CORUÑA


O mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte


O acordeón diatónico, pequecho e  rabudo, está plantando lumes por  medio planeta. Moitos seguimos os  sons de Flaco Jiménez, natural de Texas, da  irlandesa Sharon Shannon, ou do basco Kepa  Junkera. Dedos rápidos que arrincan faíscas  do instrumento para queimarlle os pés aos  bailadores. Mais poucos saben que esta caixa  de botóns ten tamén grandes mestres enxebres.

Pazos do lugar de Merexo, no concello  de Muxía, leva serrando neste acordeón  dende cativo.  Merexo é moito Merexo, unha aldea ao pé  do mar, entre Muxía e Camariñas, recollida  no fondo da ría, acarón da fermosísima praia  do Lago. Terra de solaz e agarimo en plena  Costa da Morte. E sobre todo, de sempre,  lugar de xente bailadora con auténtica fame  de música.



“Cando era moi novo e ainda non  sabía tocar, levaba o meu acordeón e alquilábao  nos bailes que se facían nas palilladas”.

 Esta fase pouco durou, Pazos dende moi  rapaz comezou a facer majiñas cos dedos nos  botóns. Había moito que traballar na terra,  pero el non podía pasar sen a música.  “Volvía cansadiño pola noite de rozar no  balume e subía direcoto ao faiado a serrar no  acordeón”. Axiña foron saíndo as jotas e as  muiñeras, tamén as mazurcas, os tangos e os  pasodobles.  No cerne da enxebreza sempre está o  toque cosmopolita.

O tópico di que Merexo é  un lugar apartado. Nas primeiras décadas do  século XX os homes cruzaron o mar e o lugar  estivo moito máis perto de Cuba e Bos Aires  que de Madrid. Da Arxentina viñeron os primeiros  acordeóns cargados de muiñeiras.  


O  seu pai e o seu tío marcharon cara alá cando  o rapaz tiña sete anos. O tío mercou un acordeón,  mais estivo a piques de deixalo en Bos  Aires, no barco non tiña moito sitio para a  equipaxe. Entón reclamoullo o pai e tróuxollo  de regalo ao fillo. Abofé que acertou. Aos 12  anos Pazos comezou a serrar no instrumento.  Nun tempo sen tocadisco e case sen radios  calquer repichoca que escoitase quedáballe  na cabeciña e axiña rexurdía no seu acordeón.


 Como aquela que di:  Ai! Lourido, Surerantes,  o gaiteiro remancado nas Quebrantas  As Quebrantas son uns baixos no mar,  perto de Merexo, “nelas embarrancou o barco  de gas, quería fuxir da aviación e arrimouse  moito á beira”. O lugar viviu caladamente  episodios importantes da II Guerra Mundial.  Este navío chamábase Nord Atlantic, era o  barco encargado de abastecer de combustible  aos submarinos alemáns que naquel tempo,  foi no ano 43, dominaban as rutas de Fisterra.


Pazos, como case todos os seus veciños,  viviu tamén intensamente a febre do wolfram.  Os alemáns precisaban imperiosamente este  metal para a fabricación do seu armamento  bélico. Viñeron buscalo á Costa da Morte.  Tamén apareceron compradores ingleses  para evitar que chegase ás mans do enemigo.  Houbo quen derrubou casas buscando o wolfram  entre os muros. Aparecía en pequenos  croios por todas partes ata no medio dos  camiños. “Para coñecer se a pedra era boa”,  di Pazos, “había que rascalo cun seixo, se o  wolfram era verdadeiro aparecía unha mancha  de color chocolate”.

 Pazos, unha vida ben intensa abofé, case  sen saír de Merexo. Este home é un talento.  Pequeno de corpo, pura febra, cunhas mans  grandes preparadas para facer ben calquer  traballo. Dende traballar na terra, a armar  cestos ou ir cazar lontras. Mans dispostas  sobre todo para gatillar ben no acordeón.  A partir dos 50 extendeuse por Galiza o  acordéon piano, con teclas e de maior tamaño.  Axiña as mellores orquestras tiveron un  bon acordeonista campando no medio do  escenario. Mestres como Diosiño, os  Mallos, Delfín Barral, os Poceiros, convertíronse  nos reis do campo da festa.  O acordeón de botóns, humilde, pequeniño  foi quedando esequecido, incapaz de  competir en volume coas novas máquinas.  Houbo que agardar case 40 anos. Agora á fin  gozamos cos rinchos rabudos do seu rexurdimento.


 A pesar da crise Pazos seguiu facendo o  baile de Merexo. Só calou nos anos tristes da  enfermidade da súa muller. Cando ela  morreu gardou definitivamente a caixa da  alegría no faiado.  Hai 3 anos o seu fillo Pedro deulle unha  orde inexcusable. Tiñan que ir xuntos á  Madrid coa Manada Invencible, a gran  manifestación dos gandeiros galegos contra  as cotas do leite. A canda eles tiña que ir o  acordeón. A Castellana foi o escenario do  seu retorno á música. En todo o camiño de  volta non parou de tocar, afortundamente.  Pazos ten setenta catro anos cheos de  sabiduría. O seu repertorio, máis que cancións,  son anacos da historia de Bergantiños  e da propia Costa da Morte. Un vez pedinlle  que me tocase unha peza lentiña. Botou  unha melodía fermosísma e cantaruxou,  Heiche de dar para un manto  heiche de dar para un velo  pero non me pidas nunca  a miña cama de ferro.  Díxome: “¿Que che pareciu? Aprendilla a  Monteagudo, o alcalde republicano de Carballo.  Estivo agachado na miña casa. Eu era  un neno. El e máis o meu pai sentaban acaron  do lume e seguían cantando:  A miña cama de ferro  a miña pobre camiña  que vén sembrada de amores  vén de amores sembradiña.
Este home é un talento. Pequeno de corpo,
pura febra, cunhas mans grandes
preparadas para facer ben calquer traballo
POLO SAN XOSÉ, GRAN  BAILE EN CASA CARMELA


Uxía Pedreira, cantante de Chouteira, foi descansar á praia do Lago e “descubriu”  a este gran mestre, probablemente o último, de acordeón diatónico da costa  da morte. Dende entón fomos moitos os que nos achegamos a Merexo a disfrutar  da súa música e da súa hospitalidade.  A pesar dos anos que botou sen tocar, os dedos fóronlle axiña aos botóns e  agora Pazos “gatilla” como nos mellores tempos. O que non se deu recuperado foi  o vello acordeón, botara moito tempo parado no faiado. María Xosé e Pedro, os  seus fillos, animarono a mercar outro. Non houbo que ir a Bos Aires, pero case. Nin  na Coruña nin en Santiago tiñan acordeóns diatónicos. Ao final souperon que os  había en Valença do Minho e alá foron. Pazos trouxo un acordeón fermosísimo. A  canda el tamén foi a Portugal a súa veciña Ofelia, unha señora de 60 anos, que sempre  deveceu polo instrumento e á fin tivo oportunidade de compralo.  Coa nova ferramenta Pazos triunfou no Luar da TVG. Tiven a honra de facer con  el e os seus veciños un episodio do programa Repichoca para a TVE en Galiza. O  ano pasado reclamárono para tocar en Buño e volveu a Merexo cun novo triunfo.

Está a crear escola. Dálle clases ao seu irmán Pedro e a Ofelia, esa nova alumna  que xa pasa dos 60. Brais Maceiras “o lóstrego de Elviña”, un novo virtuoso do  instrumento, integrante do grupo de Susana Seivane, xa se achegou á súa casa e  mellorou a súa técnica cos consellos do mestre.  Pero sobre todo Pazos segue a tocar para os seus veciños. Ben axiña, polo San  Xosé han bailar todos en Casa Carmela, templo da alegría, tamén da gastronomía  no centro de Merexo. Carnocho amigo, se queres saber das cousas bonitas non perdas  a oportunidade de acudir a esta cita.